CAMPIONATO

A Universidade de Vigo proclámase campiona nacional en loitas olímpicas

Os de Vigo acadaron tamén o bronce no CEU de taekwondo
 

As xogadoras do equipo de loita olímpica no podio.
As xogadoras do equipo de loita olímpica no podio.
A Universidade de Vigo proclámase campiona nacional en loitas olímpicas

A Universidade de Vigo proclamouse en Murcia Campioa de España en Loitas Olímpicas en categoría feminina grazas aos ouros conseguidos por Noelia Lalín; á prata de Lydia Pérez; e ao quinto posto de Cristina Alves. Xunto a elas, completou o medalleiro pola Universidade de Vigo Pablo García cun ouro. Son exemplos dunha extraordinaria fin de semana para o deporte universitario vigués, que trouxo tamén consigo unha medalla de bronce na clasificación xeral do Campionato de España Universitario de Taekwondo.

O triunfo de Noelia Lalín e Lydia Pérez no CEU de Loitas Olímpicas, celebrado nas instalación do Centro de Alto Rendemento dos Alcázares en Murcia, permitiralles agora asistir ao campionato universitario do mundo que se celebrará este próximo verán. 

A Universidade conseguiu na localidade madrileña de Moralzarzal manterse no podio do CEU de Taekwondo, acadando neste caso a terceira posición na clasificación xeral, empatada a puntos coa Universidad Complutense de Madrid, ambas con 32 puntos, e na que se proclamou campioa a Universidad de Sevilla, con 36. Os medallistas individuais desta modalidade foron Pablo Fernández, Alejandro Losada, Lía De Araújo, Iván García, Beatriz Parada.