RELACIÓNS

As universidades de Vigo e León reforzan as súas colaboracións

20170214124839250_result
photo_camera Foto de familia dos integrantes de ambos equipos de goberno.

Fortalecer o traballo conxunto en I+D; identificar oportunidades de financiamento internacional e afianzar a cooperación interterritorial académica e institucional, o triple obsectivo das universidades de Vigo e León

Fortalecer o traballo conxunto en I+D; identificar oportunidades de financiamento internacional e afianzar a cooperación interterritorial académica e institucional. Con este triplo obxectivo traballarán as universidades de Vigo e León, cuxos equipos de goberno celebraron no campus de Ponferrada da Universidade de León o primeiro encontro bilateral entre ambas as dúas institucións.

Finalizadas as catro mesas de traballo arredor das que se desenvolveu o traballo dos equipos reitorais nos ámbitos das sinerxías en materia de investigación e organización académica; a especialización dos campus; a proxección cidadá e a xestión e organización universitaria, ambos os dous reitores coincidiron en sinalar a importancia desta alianza

. Así, Juan Francisco Garcia, reitor da Universidad de León asegurou que este encontro “abre o camiño a diversas posibilidades de colaboración que van beneficiar de xeito notable a ambas universidades e que se plasmarán especialmente no desenvolvemento do campus de Ponferrada”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asegurou que “o que temos que facer é sumar e complementarnos e isto foi o que decidimos facer para incrementar masa crítica, gañar músculo e mellorar a nosa capacidade competitiva para acadar fondos externos da Unión Europea”.

Te puede interesar
Más en Universitas