A UVigo busca ser a máis saudable nun reto a través da APP Vidahora

A competición desenvolverase do 18 de abril ao 29 de maio e animan a todos a participar

Denomínase "Reto Universidad Saludable 2016" e desenvolverase do 18 de abril ata o 29 de maio. Serán 42 días da que se pode denominar "Operación Primaveira" e consiste nunha novidosa iniciativa da REUS (Red Española de Universidades Saludables) que convida ás universidades a participar nunha competición a través dunha APP. Premiaranse os mellores hábitos dos alumnos e a Universidade de Vigo, a través do seu Servizo de Deportes, é unha das doce que xa confirmaron a súa participación.

A APP coa que se levará a cabo este reto denomínase "Vidahora", e como dato salientable destacar que a empresa que deseñou esta aplicación é de Vigo e está formada por titulados e tituladas da Universidade de Vigo.  O servizo de Deportes anima a todo o mundo a vivir unha vida saudable e retar aos seus compañeiros e compañeiras, crear torneos deportivos, recibir agasallos polo feito de preparar recetas saudables, practicar ioga e moito máis. Polo feito de realizar as actividades que se propoñen na APP, ademais de estar máis sans e en forma, a universidade recibirá puntos para lograr deste xeito acadar o I Trofeo Universitario Saudable. Cada universidade que participe nesta iniciativa contará cun acceso onde poderá en todo momento visualizar as estadísticas de participación do reto, ademais de recibir notificacións sobre os eventos na universidade. 

Todos os interesados en participar soamente deberán rexistrarse sen compromiso e de balde utilizando o código Retouniversitario na APP de Vidahora.
Como dato salientable, esta iniciativa contará coa participación de Kely López, alumna da Universidade de Vigo, que se encargará do desenvolvemento desta acción como parte das súas prácticas do máster en Dirección Integrada de Proxectos.

Te puede interesar
Más en Universitas