UNIVERSITAS

O Uvigo MotorSport enfila a fase construtiva do seu monopraza

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O equipo de Formula Student da Universidade de Vigo comeza a construir o seu monopraza, que dentro de tres días terá a súa primeira proba sobre o terreo.

Os catorce membros do equipo de Formula Student da Universidade de Vigo están na conta atrás. O monopraza que están a construír correrá en tres das probas da competición educativa, en concreto en Formula Student Germany no circuíto de Hockenheim, na Formula Student Spain en Montmeló e en Formula Student UK, en Silverstone. Ilusionados pero tamén pendentes de acadar o financiamento preciso para este proxecto, actualmente atópanse na fase de construción do coche, que agardan ter rematado a finais de abril ou comezos de maio. O líder do equipo UVigo MotorSport, Josué Nanín, e o responsable de márketing e comunicación, Gonzalo Ferreiro, xunto coa profesora Ana Mejías mantiveron unha xuntanza co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para presentarlle un proxecto que, como apunta Ferreiro, “representa á EEI, á Universidade e a Vigo”. O alcalde garantiu a cooperación municipal na iniciativa que constata, segundo Caballero, a “enorme capacidade de desenvolvemento tecnolóxico que ten esta Universidade". Os estudantes valoran moi positivamente esta xuntanza, na que lle presentaron ao rexedor vigués o equipo, o deseño e tamén os patrocinadores.

Te puede interesar
Más en Universitas