UNIVERSITAS

O valor inclusivo do deporte analízase estes días en Francia

galsas1_result
photo_camera Os estudantes que participan no encontro, xunto á profesora Virgina López.

Vigo é a única universidade española presente no EMIS, seleccionada na convocatoria europea Erasmus+ Sporty

A localidade francesa de Besançon reúne esta semana a preto de 250 estudantes de diferentes nacionalidades con motivo da EMIS (Égalité, Mixité, Intégration par le Sport), un evento impulsado pola universidade francesa Franche-Comté, coa colaboración doutras once institucións académicas de once países europeos, e onde a Universidade de Vigo está a ser a única representante española, seleccionada na convocatoria Erasmus+ Sport.

O obxectivo deste encontro é afondar no valor do deporte como "unha poderosa ferramenta de inclusión", como salienta a profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Virginia López, que acode ao evento con 18 alumnos e alumnas desta facultade, co propósito de compartir coñecementos e experiencias de cara desenvolver prácticas deportivas capaces de integrar a persoas maiores ou con discapacidade, xunto a universidades de Bélxica, Bulgaria, Grecia, Irlanda, Macedonia, República Checa, Romanía, Reino Unido, Eslovaquia e Eslovenia, así como da propia Universidade de Franche-Comté.

Entre os evento organizados neste encontro haberá baile para persoas en cadeira de rodas ou a escalada para invidentes, ata a equitación dirixida a persoas con discapacidade. Xunto con estas actividades, o encontro abrangue tamén conferencias e grupos de discusión nos que debater e analizar diferentes maneiras de empregar o deporte como ferramenta para a inclusión, así como outra serie de propostas de carácter lúdico ou cultural, como unha flashmob na que participarán os preto de 250 estudantes.n

Os organizadores pretenden que este encontro non quede só nunha semana xa que se establecerán unha serie de redes de contacto, nas que os participantes poidan intercambiar as súas experiencias ou propostas de mellora a raíz da súa participación en EMIS.

Te puede interesar
Más en Universitas