UNIVERSITAS

O ‘vestido ambiental’ cobra forma

gal2-2-_result
photo_camera Deseño dun prototipo que agora programan en Barcelona.

Os investigadores de BBAA María Castellanos e Alberto Valverde deseñan un traxe que mide a contaminación

nnn Unha serie de sensores que miden axentes externos como os niveis de monóxido de carbono, a radiación ultravioleta ou a contaminación sonora e dous módulos de resposta na parte superior, que achegan información á persoa usuaria das medicións a través de alertas luminosas ou de movemento, fan do Enviroment Dress moito máis que un vestido. Non en van, este proxecto de “vestido ambiental” no que os investigadores da Facultade de Belas Artes María Castellanos e Alberto Valverde veñen traballando nos últimos meses supón converter nunha realidade o proxecto co que resultaron gañadores do concurso Next Things 2015, promovido por Telefónica I+D e o LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón.

Castellanos e Valverde, profesor do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, traballaron durante tres meses no deseño do primeiro prototipo do Enviroment Dress, unha experiencia que Castellanos salienta como “moi gratificante” e da que destaca que “o centro puxo a nosa disposición todos os medios técnicos e humanos, polo que nos sentimos moi arroupados”, así como "as sinerxías que xorden con outros artistas residentes”. O premio dirixido a impulsar iniciativas que vinculen a creatividade coas novas tecnoloxías e ao que, na súa cuarta edición, presentáronse un total de 39 proxectos de diferentes países, era dotar aos gañadores dos medios económicos e técnicos necesarios para converter a súa idea en realidade, a través dunha estadía de seis meses no LABoral e no centro de I+D de Teléfonica en Barcelona.

Te puede interesar
Más en Universitas