UNIVERSITAS

Unha viaxe na busca da “ausencia necesaria”

gal1-5-_result
photo_camera Juan Carlos Meana.

Lonxe da lóxica imperante e das rutinas e obrigas do día a día, existe “unha mirada diferente, lenta, repousada, que se deixa impresionar e á que lle afecta aquilo que contempla”.-

Lonxe da lóxica imperante e das rutinas e obrigas do día a día, existe “unha mirada diferente, lenta, repousada, que se deixa impresionar e á que lle afecta aquilo que contempla”. Unha mirada que define os estados de “ausencia necesaria” que se converten na antesala da creación artística, como relata o profesor da Facultade de Belas Artes Juan Carlos Meana, quen reflexiona sobre os momentos nos que a percepción habitual das cousas se ve afectada pola “aparición dun baleiro que resulta ser produtivo para a creación” no seu libro "La ausencia necesaria", que presentou na Casa das Campás.


Coa narración dunha viaxe realizada por Bulgaria como fío condutor, Meana combina en "La ausencia necesaria" a narración propia dun libro de viaxes, marcada pola descrición de paisaxes, personaxes, momentos e situacións, cun relato que “ten tamén algo de autobiografía” e cunha reflexión sobre a arte máis próxima xa ao ensaio. Trátase, “dunha autorreflexión, dun diálogo comigo mesmo no que se tecen pontes entre o que sucede no percorrido e a memoria persoal, o vivido e aprendido con anterioridade”.

Te puede interesar
Más en Universitas