INVESTIGACIÓN

Vigo acolle as xornadas centradas na I+D universitaria en España

Preto de 200 persoas participarán hoxe e mañá no centro social Afundación de Vigo nas XXIV Jornadas de Investigación de Universidades Españolas

A vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo.
A vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo.
Vigo acolle as xornadas centradas na I+D universitaria en España

Preto de 200 persoas participarán hoxe e mañá no centro social Afundación de Vigo nas XXIV Jornadas de Investigación de Universidades Españolas, organizadas pola CRUE e a Universidade de Vigo. Ao longo de dous días, a través de relatorios e mesas redondas, as vicerreitoras e vicerreitores de investigación de todas as universidades españolas, así como as persoas responsables das oficinas de transferencia de resultados de investigación, das oficinas europeas de I+D, das unidades de cultura científica e dos servizos de xestión de investigación, abordarán temas, segundo a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo, “seleccionados polo especial interese que representan neste intre para a I+D universitaria en España”.

A divulgación científica, o acceso aberto aos resultados de investigación, os novos instrumentos de colaboración universidade-empresa, os retos no desenvolvemento da carreira investigadora e os indicadores e métodos de avaliación da transferencia de coñecemento, centrarán as xornadas, “que son un punto de encontro para as persoas responsables das políticas de I+D+i das universidades españolas e para o persoal administrativo e técnico encargado da xestión das actividades de investigación e desenvolvemento”, explica Longo.