UNIVERSITAS

Volve Revbigo, a revista académico científica de Bioloxía

g1-1-_result
photo_camera Pilar Molist, Jonatan Reboredo, Mª Luisa Castro, Emilio Gil e Manuel Ángel Pombal.

Tras unha primeira etapa dende o ano 2006 ao 2010, a publicación propia renace renovada tanto en estrutura e contido

Darlle a oportunidade ao alumnado de ver publicado o seu primeiro traballo, este é o principal obxectivo co que en 2006 naceu Revbigo, unha revista académico-científica editada pola Facultade de Bioloxía que, tras tres anos de silencio, renace en versión dixital “con novos folgos e un formato totalmente renovado”, tal e como subliñan desde o seu consello editorial, un equipo do que forman parte seis docentes de diferentes departamentos e un alumno graduado en Bioloxía, que contan coa axuda doutra ducia de colaboradores, así como do propio decanato.
Tras unha primeira etapa na que acadou un notable éxito –incluído un premio internacional, neste novo ciclo, ademais dos diferentes traballos académicos do alumnado, incluíronse outras seccións coas que dar conta do resto de actividades organizadas desde o centro, desde os actos de graduación ata a celebración de San Alberte, conferencias ou exposicións. “Ao ser dixital o custe de editar a revista practicamente limítase ao traballo persoal de revisión dos artigos e posterior edición de cada número”, explica Manuel Ángel Pombal, profesor da Área de Bioloxía Celular e integrante do consello editorial da revista.
O formato electrónico que emprega a revista nesta segunda etapa permite incluír un maior número de traballos, así como facilitar a edición e mellorar a súa difusión a través da páxina web e das redes sociais.

Te puede interesar
Más en Universitas