UNIVERSITAS

Witdom ou o procesado seguro de datos xenómicos e bancarios na nube

ww1_opt
photo_camera Os investigadores Juan Ramón Troncoso e Fernando Pérez

A Comisión Europea financia máis da metade dos catro millóns de euros do proxecto no contexto do programa H2020

Teñen as persoas que almacenan os seus datos na nube garantida a privacidade, a seguridade e a integridade desa información? Partindo da hipótese de que a nube non é confiable, o proxecto Witdom, coordinado pola empresa de servizos dixitais Atos España e coa participación de sete socios europeos, entre os que se atopan a Universidade de Vigo e Gradiant como entidade asociada á institución académica, busca mecanismos para garantir que os datos dos usuarios estean en todo momento protexidos.


A case catro millóns de euros, dos que a Comisión Europea financia uns 2,8 millóns no contexto do programa H2020, ascende o orzamento do proxecto Witdom, enfocado concretamente no procesado seguro de datos xenómicos na nube, como base do avance na detección temperá de enfermidades xenéticas, así como na análise de datos bancarios. “Tanto os datos xenómicos como os bancarios son sensibles e a súa axeitada protección en contornas non confiables é crucial para mellorar a privacidade dos usuarios e eliminar a necesidade de confianza cega nos provedores de servizos”, explica o catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo Fernando Pérez, que xunto ao tamén investigador do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións Juan Ramón Troncoso, lidera a participación da Universidade de Vigo neste proxecto de tres anos, no que o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, participa como entidade asociada á institución académica viguesa.

Te puede interesar
Más en Universitas