As xogadoras de baloncesto proclámanse campioas de liga

baloncesto_result
photo_camera As xogadoras de baloncesto, en Ferrol, ao alzarse co título de campioas de liga.

As ourensás álzanse co título da primeira división autonómica e optan á categoría nacional

Por tercer ano consecutivo, o Universitario Campus de Ourense femenino sénior proclamouse campión da primeira división autonómica feminina e opta de novo a xogar a fase de ascenso á primeira división nacional. As xogadoras fixéronse co trofeo despois de gañar un disputado encontro en Ferrol, concretamente contra o Star Center Galicia, que non llo puxo nada fácil dende o primer minuto e que finalizou cun axustado 51-55.
Ademais deste importante triunfo, as xogadoras ourensás tamén se alzaron este ano coa Copa Galicia e deste xeito non deixan de sumar títulos á súa lista particular. O esforzo, a importante conexión que existe entre todas as xogadoras, a contínua entrega e a súa profesionalidade son algunhas das claves para acadar estes bos resultados e manterse como un equipo sólido e competitivo.

O seguinte paso será disputar a fase de ascenso que probablemente será a finais deste mes de abril ou a principios do vindeiro mes de maio e terá como escenario a cidade de Cantabria. Para esta fase de ascenso, as xogadoras ourensás procurarán seguir amosando a súa valía e buscan acadar o mellor posto posible, se ben é certo que no caso do ascenso á categoría nacional, deberán plantexarse moitas cousas como é o caso do aspecto económico, a disponibilidade das xogadores para xogar nunha categoría desta envergadura e, en definitiva, os requisitos propios dunha competición a nivel nacional.

Agora e antes de adiantar acontecementos, toca seguir traballando e tamén desfrutar do recente título de campioas de liga da primeira división autonómica feminina.n

Te puede interesar
Más en Universitas