UNIVERSITAS

Xornadas sobre a represión de xénero na época franquista

Os historiadores analizan o papel da poboación feminina na resistencia ó franquismo.

Durante a época franquista en Ourense os tribunais militares encausaron a 201 mulleres, detiveron a 433, fusilaron a unha... e raparon e vexaron a milleiros delas. Un método de represión da época franquista que comezou a empregarse en España no contexto da Guerra Civil, antes incluso de que se constatase ese xeito de intimidación no resto de Europa, como na chamada ‘depuración’ á que De Gaulle someteu a Francia tras á liberación das forzas nazis. É unha forma de represión de xénero sobre o que os historiadores queren afondar nas III Xornadas O franquismo en Galicia, nas que entre este luns e o día 9 de febreiro analizarán o papel das mulleres galegas na resistencia ao golpe de Estado de xullo de 1936, as estratexias de supervivencia adoptadas durante a Guerra Civil, a súa participación na guerrilla e todo tipo de modalidades represivas ás que estiveron sometidas: rapas, detencións... medidas cun marcado carácter simbólico de “marcalas e estigmatizalas” ante a comunidade.

Rapar ás mulleres “foi unha práctica que durante os primeiros tres ou catro meses da guerra estendeuse como unha mancha de aceite por toda Galicia. E hai diferenzas entre o mundo rural e o vilego, xa que nos anos 30 en Galicia as vilas funcionaban con parámetros de cidade e é onde se da un maior número de rapas”. Así o explica o profesor da Universidade de Vigo Julio Prada, especialista en estudos sobre a época franquista e autor dunha investigación pioneira en Galicia sobre a rapa das mulleres na que se mestura “historia, socioloxía e antropoloxía” e que presentou neste curso organizado pola UNED en colaboración coa Facultade de Historia do campus de Ourense e que contan co apoio do Obradoiro de Historia de Galicia.
 

Te puede interesar
Más en Universitas