XUNTANZA

Xuntanza da Asociación Estratéxica en Dereito e Tradución

A Alumnado vigués vén  de regresar de Letonia

O grupo de estudantes e docentes.
O grupo de estudantes e docentes.
Xuntanza da Asociación Estratéxica en Dereito e Tradución

Un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución acaba de regresar de Ventspils en Letonia onde participaron xunto con outros estudantes romaneses, letóns, checos, franceses, portugueses e eslovacos no encontro anual da asociación estratéxica europea (KA2) en Dereito e Tradución, un programa de formación intensiva e especializada no que a Universidade de Vigo participa por oitavo ano consecutivo.

Os estudantes seleccionados cursan o último ano do Grao de Tradución e Interpretación e teñen o inglés e o francés como principais linguas de traballo. Durante a estancia, de quince días de duración, Alba López, María Rico, Álvaro Salgado, Ana Souto e Adriana Villamisar tiveron a oportunidade de pór en práctica as competencias de Tradución e Interpretación adquiridas durante estes anos de formación da man de especialistas internacionais, tanto das sete universidades asociadas ao programa, como de profesionais do dereito e da tradución dos respectivos países participantes.