UNIVERSITAS

Xurxo Souto afirma que “música e poesía son o mesmo”

gal3_result
photo_camera Souto realizou un percorrido pola historia do 'Bravú'.

O músico e escritor participou na conmemoración do Día do Poesía en Ciencias da Educación e do Deporte

nDos cancioneiros medievais aos Cantares gallegos de Rosalía de Castro, “toda a historia da literatura galega pode contarse en clave musical”, sostén fundador dos Diplomáticos de Monte Alto Xurxo Souto, que defendeu que, “aínda que parezan mundos moi distantes, poesía e música son en realidade o mesmo”, nun relatorio en Ciencias da Educación e do Deporte con motivo da conmemoración do Día Internacional da Poesía. Unha celebración que forma parte das actividades promovidas pola Comisión PEA-Unesco do centro e que se achegou precisamente á literatura a través da historia dun movemento cultural, o Bravú, do que este músico e escritor foi protagonista e que centra ademais a exposición sobre os 20 anos deste movemento que, grazas á colaboración do Concello, poderase ver neste centro ata o 17 de abril.
“Somos un pobo de artistas e temos que reivindicar esa potencialidade, temos que reivindicar a poesía e a literatura desde a música”, defendeu Souto ao inicio dun relatorio no que realizou un percorrido polos vínculos históricos de ambas expresións culturais. Comezou retrotraendo aos asistentes á época das cantigas de amigo, xa que “Galicia foi a gran potencia da música medieval”, e lembrando que “a banda sonora de moitas películas de corte medievalista son as cantigas de Alfonso X o sabio”, para logo destacar tamén que, tralos Séculos Escuros, “o primeiro libro de referencia” do Rexurdimento non foi outro que os Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

Te puede interesar
Más en Universitas