VALDEORRAS

25-N en Trives: "Sempre libre e sempre viva!" 

allariz, violencia de género
photo_camera Unha imaxe da marcha en Trives.

A marcha saíu dende a Praza do Concello e proseguiu por paisaxes e bosques da zona. Ás 12:30 horas, rematouse na Praza do Pilón onde se leu un manifesto

Este domingo celebrouse a Andaina "Sempre libre e sempre viva!" contra a violencia de xénero que promove o Centro de Información ás Mulleres (CIM), do Concello da Pobra de Trives, na conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Saíu dende a Praza do Concello e proseguiu por paisaxes e bosques da zona. Ás 12:30 horas, rematouse na Praza do Pilón onde se leu un manifesto. O terminar o Orfeón de Trives interpretou "El peso del alma". Un acto o que se sumou a veciñanza de Trives manifestando a súa repulsa contra as violencias “porque isto nos compete a toda a sociedade".

Te puede interesar