ENTREVISTA

"Aprendes moito na alcaldía e se tivera que deixar o goberno non faría a mesma oposición"

<p></p>
photo_camera María González Albert, alcaldesa del BNG en A Rúa.

A primeira muller que ocupou a alcaldía de A Rúa, a nacionalista María González Albert (A Rúa, 1977), xa firmou a convocatoria do pleno no que renunciará ao cargo

O deixa en virtude do acordo que permitiu aos tres concelleiros do BNG e ao mesmo número de ediles do PSdeG-PSOE evitar que os cinco do PP se fixesen coa Alcaldía. A sesión dará comezo ás 20,00 horas do próximo martes, 20 de xuño.

Como foi a relación da primeira alcaldesa de A Rúa e única rexidora nacionalista en Valdeorras co resto de alcaldes da bisbarra?

A primeira muller. Foi unha sorpresa. É algo do que  me quedo contenta. O valorarei despois de deixar a Alcaldía. As veces, non me dou conta do que significou. Ser unha muller e, por riba, ser a única do BNG! A relación, en xeral foi moi boa cos alcaldes e alcaldesa do PP. O de Petín, desde perspectivas políticas diferentes, me ten axudado, o mesmo que os alcaldes de O Barco e Vilamartín, cos que tiven máis contacto, temos feito cousas xuntos, non so por ser de esquerdas, senón pola situación xeográfica na que estamos: no fondo do val.

Como licenciada en Ciencias da Información, variou moito a súa visión dos gobernantes tralo paso pola Alcaldía?

A miña visión da Administración, como xornalista, mudou fai moitos anos, despois de entrar de concelleira en Ourense. Ves a parte xornalística e ves a de aquí. Hai veces que vexo as dúas partes e non entendo a ningunha (risas). O que si variou foi a visión do goberno municipal. Aprendes moito na alcaldía e se tivésemos que deixar o goberno non faría a mesma oposición. 

Que foi o que máis lle satisfixo dos seus dous anos de alcaldesa?

O que máis valoro é o esforzo de abrir o Concello á cidadanía; abrir o espazo físico do Concello e que sexa un lugar accesible. Fixemos un esforzo importante na comunicación institucional a través da web, das redes sociais, da aplicación bidireccional que abrimos. No aspecto económica, a reducción da débeda. Non é nada visible, mais era unha necesidade vital. Recortouse moitísimo. Estabamos no 92% de débeda viva. O pasado primeiro de maio xa estabamos por debaixo do umbral legal, no 74,03 %, e co plan de reducción, remataremos este ano no 71 %. Este ano amortizamos preto de 160.000 euros. Tamén fixemos un esforzo por abonar débeda a outras administracións. En catro anos non se lle pagara un so euro á Deputación, fundamentalmente pola recollida de lixo. A nivel do día a día, aprobamos o plan de urbanismo e conseguimos facer o ascensor do centro de saúde, que era unha necesidade.

Non pensa que ao BNG tocoulle o labor máis escuro, como a reducción da débeda, e agora o PSOE  beneficiarase de coller a Alcaldía con máis recursos?

Era necesario e inevitable facelo. Cun 92 % de débeda viva  non podes traballar. Antes, aquí non había límite de endebedamento. Temos  servicios dun concello moito maior e o problema é mantelos

Que opina da oposición do PP?

A oposición, en termos xerais, non existiu. Cando entramos, penso que había certo desconcerto no PP porque non esperaba perder a Alcaldía e tardaron en adaptarse á oposición. Pasaron uns meses nos que intentaron facer oposición e despois o portavoz adicouse a outras cousas. Creo que o concello lle aburre.

Te puede interesar