FORMACIÓN

O Barco e Xunqueira de Ambía acollerán talleres sobre robótica e drons

Terán lugar nas aulas Cemit de ambos municipios o martes e o mércores

Os obradoiros estarán destinados a cativos.
Os obradoiros estarán destinados a cativos.
O Barco e Xunqueira de Ambía acollerán talleres sobre robótica e drons

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia -Cepeig- e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega- promoverán esta semana dúas xornadas na provincia de Ourense para fomentar o talento dixital da mocidade.

Serán nas aulas Cemit dos municipios de Xunqueira de Ambía -mañá martes- e O Barco -o mércores-. Os obradoiros consistirán, respectivamente, en "Pilotaxe de drons" e en"Retos de programación e robótica". Neste último, os desafíos para os participantes xirarán ao redor da iniciación á programación con escornabot -percorrer un circuíto con obstáculos levando dun punto ao outro o robot-, printbot -programar un código que se executará no robot que terá unha electrónica capaz de seguir nunha liña negra sobre un fondo branco- ou programación de videoxogos con makey makey-os cativos empregarán esta ferramenta para achegarse á electrónica creando un proxecto no que se simulará o xogo de mesa de operación-.

No que atinxe ao curso sobre pilotar drons, unha das profesións máis demandadas, éste estará destinado a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos, que coñecerán as partes do dispositivo, de que xeito se montan e como son capaces de voar. Tamén farán unha práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft -para entender os controis e movementos- e un dron co que percorrerán un circuíto e mesmo competirán entre eles.n