PROVINCIA

Castro Caldelas será dende este venres un dos pobos máis fermosos

A alcaldesa, Sara Inés Vega, asegurou que este distintivo xa está repercutindo na dinamización do municipio.

Castro Caldelas converterase hoxe nun dos pobos máis bonitos de España nun acto na Praza do Prado ás 21,00 horas, que estará presentado por Lucía Rodríguez e que contará coas actuacións do tenor Bernardino Atienza, dos Trabazos de Castro Caldelas e da Real Banda de Gaitas de Ourense. 

A alcaldesa, Sara Inés Vega, asegurou que este distintivo xa está repercutindo na dinamización do municipio. "Ponse de manifesto nas estatísticas do Castelo e na oficina de Turismo", dixo a rexedora. "Os caldelaos xa sabían que pertencían a un dos pobos máis bonitos, e agora corrobórase", engadiu.

Te puede interesar