Un cento de persoas participan no Sendeiro Nocturno de Trives

photo_camera Los participantes encabezados por el "romano" que les guió durante el recorrido.

Ao longo do percorrido sucedéronse diversas escenificacións teatrais

Un cento de persoas, entre veciños e visitantes, organizadores e membros de Protección Civil, participaron o pasado mércores no primeiro dos Sendeiros Nocturnos que organiza o Concello de Trives e que se encadra na programación de actividades para este verán de 2015. A marcha comezou ás 21,00 horas, momento no que se xuntaron os participantes diante da oficina de Turismo, en Santa Leonor. Alí foron recibidos polos guías que os acompañarían durante o percorrido. Un destes guías ía vestino de romano, poñendo un contrapunto cómico entre os asistentes.

Xa no sendeiro que ían percorrer, fóronse sucedendo as animacións teatralizadas, como os trasnos que corrían entre as árbores do bosque mentres os camiñantes seguían a marcha ata ver una representación na que unhas castrexas eran invadidas polas romanas. A medida que ía caendo a noite sucedíanse as sorpresas, como dous vellos asustados polo ruido, ata chegar á fábrica de chocolate, toda iluminada e onde as pantasmas dos traballadores agardaban aos participantes. Neste punto e dentro da teatralización, os participantes repuxeron forzas con chocolate e bica.

Despois reanudaríase a marcha ata completar o programa deseñado ao longo da noite e que incluía varias sorpresas máis, como a aparición da Santa Compaña ou os 'maquis' e unha parexa da Garda Civil dándolle o alto.
 

Te puede interesar