SANIDAD

O centro de saúde de Viana defende a súa xestión e asistencia xeral

Aseguraron que grazas ao seu traballo de planificación "máis do oitenta por cento das substitucións temporais provocadas polo descanso e vacacións do persoal son cubertas na súa totalidade"

Debido ás críticas emitidas dende a a central sindical da CIG de Valdeorras nas que  puxeron de manifesto a desatención aos usuarios do Centro de Saúde de Viana, dende a Xerencia de Xestión Integrada (EOXI) aseguraron que grazas ao seu traballo de planificación "máis do oitenta por cento das substitucións temporais provocadas polo descanso e vacacións do persoal son cubertas na súa totalidade".

Concretamente, explicaron, no Centro de Saúde de Viana "a planificación da semana pasada veuse afectada pola repentina indisposición dun facultativo no mesmo centro de traballo". Por este motivo, aseguran que houbo unha "reordenación e coordinación dos efectivos médicos e de enfermaría para dar unha resposta axeitada a esta necesidade puntual". Por outra banda, engaden, o equipo sanitario do centro de saúde "foi quen de dar resposta axeitada á demanda xerada neses días, sen menoscabo á calidade asistencial ofrecida aos usuarios". Dende o primeiro momento a EOXI de Ourense, matizaron, "cubriu axeitadamente as gardas programadas no Punto de Atención Continuada de Viana xeradas pola baixa do facultativo e coordinou un posible reforzo coa facultativa do Centro de Saúde de Vilariño de Conso pero que, ao final, non fixo falta contar coa súa presenza debido á resposta do equipo de profesionais de Viana". 

Criticaron que o sindicato CIG quixera empregar a comisión do centro con "fins políticos e non laborais, que é para o que os traballadores os elexiron" por eso, "obterán a mesma resposta da xerencia".

Te puede interesar