CON BASTÓN DE MANDO / ALCALDE DE PARADA DE SIL

Francisco Magide: “Chorei cando catro parellas se me foron"

photo_camera Francisco Magide cun vello castaño dos soutos de Parada.

O alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide Bizarro, non volverá a ocupar a Alcaldía. Tal e como prometera, non será o candidato do PSdeG-PSOE e ocupará o segundo posto da lista.
 

O alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide Bizarro, non volverá a ocupar a Alcaldía. Tal e como prometera, non será o candidato do PSdeG-PSOE e ocupará o segundo posto da lista.

Que destaca do seu último mandato?


A posta en práctica do desenvolvemento do Concello de Parada de Sil en torno ao turismo rural, a castaña e o viño. Se fixeron moitas cousas nese campo. Na pasada Semana Santa non cabía a xente en Parada.

Que valoración fai da oposición?

Somos dos poucos concellos nos que os temas importantes, por exemplo os presupostos, se aproban por unanimidade. A oposición entendeu que a maneira de gobernar miña vai dirixida a tódolos veciños. Non haberá ninguén que diga que non se lle fixo algo por estar na lista do PP, AGE ou de calquer outro partido.


Como se portaron con Parada as Administracións que dirixe o PP?

Cando presentamos proxectos serios, con rigor, por exemplo no da necrópolis de San Vítor, obtivemos a colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. No caso da Deputación tamén. En abril, imos empezar unha nave para as castañas e a Deputación financia a metade. Había máis fluidez co Goberno anterior, como é lóxico, pero ata o de agora, con proxectos serios as respostas foron aceptables.

Como é a economía Parada?

A economía xira en torno a tres eixos. Primeiro está o viño, e no meu mandato abriuse unha nova adega industrial, a terceira do Concello. Outro campo é o da castaña. Con menos de 650 habitantes, recollemos máis de 100.000 quilos. As clasificamos con máquinas para vendelas a maioristas, con precios pactados na campaña, aqueles veciños que queren. O terceiro sector é o do turismo rural. Temos varios elementos singulares no Concello: o mosteiro de Santa Cristina, que ronda as 20.000 visitas no ano, as tumbas de San Vítor de Barxacova, os Balcóns de Madrid, a Fábrica da Luz e as rutas de sendeirismo.

O Concello está preparado para dar servizos aos turistas?

Fíxeronse uns apartamentos turísticos, estase facendo outro en Fondo da Vila e tamén contamos co albergue da Fábrica da Luz, que ten 28 literas. É pouco e eu animo aos empresarios a investir nese campo,en Parada de Sil. É un negocio seguro.

Como afectou a crise a Parada?

A crise afectou traendo xente que estaba fóra a vivir aquí, coas súas familias, incrementando o número de parados do Concello. As posibilidades de axudar son pequenas, a pesar de que as contas están saneadas e hai remanente. Non podemos contratar, porque a Lei de Estabilidade Presupostaria non ó permite. De non ser así, poderíamos xerar máis emprego.

Foi positivo o Grupo de Desenvolvemento Rural?

O aproveitamos para facer o local dos cazadores e tres locais sociais, a Casa Museo do Chocolate, que inauguraremos o 30 de maio, despois das Municipais, pois cremos que os votos so se consiguen traballando todo o ano.

Cales son os problemas do rural?

O rural ten dous problemas moi gordos, que non só afecta a Parada: o envellecemento da poboación e a despoboación. O ano pasado, cando catro parellas de xóvenes me dixeron que se ían porque non tiñan donde vivir, chorei. Tiña que intervir a Xunta e promover vivendas, programas de rehabilitación de vivendas antigas, ou ben de construcción de vivendas novas en rexime de aluger, que se poderían quedar aquí. Na residencia xeriátrica temos un total de 22 traballadores e moitos non son de Parada de Sil. Estou seguro de que se lles ofertamos onde durmir, se quedarían. Non é o primeiro sitio onde unha residencia serve para abrir un colexio.

Que suporía para a Ribeira Sacra ser Patrimonio da Humanidade?

É moi importante. Cando unha zona é declarada Patrimonio da Humanidade se incrementa o número de visitantes, pero creo que non é para agora. Ten un procedemento lon go. Espero que a consigamos.

Te puede interesar