ENTREVISTA A...

“Estamos nunha boa época de creatividade, aínda que a arte está mais dispersa"

dsc04871_result
photo_camera Luis Fernández González "Cochorro".

A obra escultórica do valdeorrés Luis Fernández González "Cochorro" paseou por salas de todo o país. Comezou a súa andadura no ano 1975 e, na actualidade, fixo un alto en Santiago de Compostela. 

En que sala de Santiago expón na actualidade?

Na galería José Lorenzo. Estará aberta ata outubro. É un patio interior, de máis de 300 metros, que acaban de preparar para exposicións. Son arredor de 20 pezas. Entre elas hai madeira e algúns traballos mezclando pedra e madeira.

Defínanos a súa obra.

Poderíase dicir que é unha actuación con referencias figurativas. É moi difícil definila. Fago figuras que, a simple vista, poden semellar abstractas, mais están baseadas no movemento do corpo. Teñen certas referencias e parten dunha figuración, anque a peza en si sexa abstracta.

Que materiais utiliza?

O que máis traballo é o mármol. É de aquí, de Biobra (Rubiá). Tamén algún mármol blanco e pedra que se poida pulir. A maior parte da obra fíxena en pedra mais tamén traballo a madeira. Gústame máis a pedra, quizais polos acabados.

Dende os seus comezos, onde expuxo a súa obra?

Por case toda España. Tamén en Lorient, onde estiven dúas veces, e en Portugal. Na época de Fanco era moi difícil saír. Tiñas que documentar as pezas, sacar permisos para sacalas. Era moi complicado. Ofrecéranme unha exposición en Suiza e tiven que rechazala porque había que entregar copias de todo. Ademais, ás veces avisábante para expoñer ao mes seguinte e non había tempo suficiente para o papeleo.

Como ve o panorama artístico actual?

Ben. Creo que non é como en outras épocas, como cando era abstracto, impresionista... Agora está máis disperso. O abstracto convive con outros estilos, hai mais creatividade. Penso que estamos nunha boa época de creatividade.

Cales son os seus referentes no traballo?

Hai cousas que, anque non fago, gustánme. En pintura, encántame Miró, mais a miña obra non ten nada que ver. Gústame máis o abstracto que algunhas figuracións.

Te puede interesar