CELEBRACIÓN

Os fachós volven alumar mañá polas rúas de Castro Caldelas

<p></p>
photo_camera O Concello de Castro Caldelas repartirá máis de 600 fachós entre os participantes.

A procesión, eixo central da Festa, comezará a partir das 19,30 horas no santuario dos Remedios

Castro Caldelas xa ten todo preparado para celebrar mañá xoves, 19 de xaneiro, a Festa dos Fachós, unha tradición ancestral na que participan centos de veciños e numerosas persoas chegadas desde numerosos puntos de fóra do Concello. A Festa comezará coa caída do sol, a partir das 19,30 horas, e prolongarase durante toda a noite, cunha representación do culto ao lume.

A celebración consiste nunha procesión que comeza no santuario dos Remedios, do que parten centos de "fachós" que percorren o casco histórico de Castro Caldelas, arrodeando o castelo e facendo o percorrido en plena escuridade, xa que só o castelo permanece alumeado. A procesión vai precedida por un Fachón de un mínimo de 30 metros por detrás da imaxe do santo, tamén feita de palla.

Pese ás numerosas dificultades que entraña o seu mantemento, polo arduo traballo que representa, a celebración renóvase ano a ano e mañá, en cando caia a claridade do día, poñerase en marcha a procesión, cun San Sebastián de palla á fronte, seguido polo Gran Fachón. Detrás marcharán os máis de 600 fachós individuais que o concello de Castro Caldelas pon a disposición dos participantes, todo elo acompañado pola música de charanga e tradicional.

Una novidade deste ano será o debut do Folión o Irrio de Caldelas, creado cementemente e que ven a ampliar a oferta de música tradicional na vila. Ao remate do percorrido da procesión, os restos dos fachós deposítanse nuncha gran fogueira á entrada do santuario e comeza a parte gastronómica e musical da celebración. Os participantes poderán disfrutar dos chourizos curados con fume de carballo, pan artesán de forno de leña, viño da Denominación Ribeira Sacra, da subzoa de Castro Caldelas, e unha monumental queimada, con augardente da zona e conxuro feito por un druída. A queimada servirase en cuncas de barro, en vez dos vasos de plástico de anos anteriores.

O Concello sementa cada ano o centeo necesario para dispoñer de palla

Os fachós facíanse antigamente coa palla da sega, que se obtiña despois de sementar o centeo e segar. Esta práctica foise perdendo cos anos e hoxe en día moi pouco centeo se sementa na zona, polo que un dos grandes problemas cos que se encontra o Concello á hora de organizar a Festa dos Fachós é a  falta de palla. Por isto, o propio Concello ocúpase de sementar cada ano o centeo, de segar, carretar e mallar, ó igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa nun palleiro para a celebración.

Con relación á orixe da festa, aínda que é unha tradición ancestral, non se pode fixar con certeza a súa orixe. As primeiras  referencias escritas das que se ten constancia datan do ano 1751, o que fai desta unha das celebracións máis antigas de Galicia. Sobre as orixes da festa, hai escritos que falan das tradicións celtas relacionada co lume, antes de ser cristianizados asimilado ao culto a San Sebastián. O escritor Vicente Risco relaciona a Festa cos ritos celtas de culto ao sol.

Outra hipótese da orixe do ritual apunta ao século XVIII, cando unha peste de cólera asolou a comarca caldelá. Daquela os veciños rogaron a San Sebastián e San Roque para que intercederan e rematara a enfermidade, facendo unha gran fogueira para queimar as pertenzas dos infectados. Malia a incerteza sobre a súa orixe, a Festa dos Fachós inunda a noite da vila caldelá nun ambiente especial e único.

Te puede interesar