Homenaxe ós barquenses que defenderon o galego

Aparcamiento en la zona posterior del cementerio de O Barco.
photo_camera Aparcamiento en la zona posterior del cementerio de O Barco.

Unha placa, que foi colocada na porta principal do cemiterio municipal do Barco recoñece o labor que os difuntos desenvolveron a favor da lingua galega. "Na memoria de todos os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu", di, en conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, celebrado o pasado 23 de outubro.

A placa foi instalada pola Concellaría de Medio Rural e Cemiterio, que dirixe Luis Arias Fernández, quen última os preparativos dos actos de 1 de novembre, Día de Todolos Santos.

O concelliro resaltou o labor de limpeza que desenvolveu a brigada de parques e xardín nos cemiterios do Bispado. Tamén anunciou os lugares que están habilitados para aparcar os coches: Rúa da Cruz, inmediacións do camposanto, incluida a explanada,Rúa de Florencio Delgado Gurriarán, pista polideportivo das Casas Baratas estacionamentos na explanada que da acceso á parte nova del cemiterio, con acceso pola Rúa de Juan Giral.

Te puede interesar