ENTREVISTA

José Luis García: “ O grupo será o que tome as decisións e tentaremos chegar a acordos entre todos"

dsc02344_result
photo_camera José Luis García, presidente do Consello valdeorrés.

El presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras volve a experimentar estar ao fronte da organización, despois de estar en dous periodos

A finais de xullo, o novo pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras apostaba por José Luis García Pando para a súa dirección. A presidencia non é nova para el, pois anteriormente ocupou este cargo entre 2006 e marzo de 2015, cando presentaba a dimisión ao perder o respaldo da maioría.

Que lle levou a volver á presidencia despois de dimitir en 2015? 

A dimisión foi polas desavenencias. Perdín a maioría e non poder sacar certos expedientes sancionadores foi a punta de lanza para dimitir. Nas eleccións, creouse un grupo, formado por adegas e viticultores, que se reuniu e chegou a un entendemento. Considerou que, nestes momentos, era a persoa adecuada. O que se pretende é unha dirección colexiada, que o grupo sexa o que tome as decisións e tentar chegar a acordos entre todos.

Foi difícil aceptar o retorno á presidencia? 

Se houbo unha razón para tomar esta decisión foi por responsabilidade. Sería complicado que alguén que non tivese un rodaxe no Consello collese as rendas. Deixar a unha persoa sen experiencia nestes momentos foi unha das razóns que levaron ao grupo a dicir que eu era a persoa adecuada. Preferimos levar unha certa rodaxe.

Unións Agrarias anunciou que persentará unha querella contra vostede e José Vicente Solarat, entre outros, en base a auditoría de varios anos. Que valoración lle merece este anuncio?

A auditoría é unha ferramenta para mellorar, para ver as cousas que se fan mal e correxilas. Penso que tanto Solarat como eu tentamos facer as cousas como mellor sabemos. As veces, algo pode non estar correcto de todo e para iso está a auditoría. Despois da primeira auditoría, a de 2015, houbo traballos que se seguiron facendo como se non se houbese presentado ningunha. Non se correxiron os erros. Non se mirou mais que para ver se se lle sacaban as cores a alguén. Penso que non é ese o seu obxectivo. Un pódese equivocar, mais a conciencia debe estar tranquila.

Conseguirase algunha vez a unión do sector vitivinícola? 

Moitas veces non é un enfrontamento entre modelos de empresa distintos. Unha cooperativa é diferente dunha adega particular e unha que ten viñedo difire de outra que non ten. As veces, son problemas personais, outras de mercado ou de liñas de traballo distintas. Se hai vontade, pódese chegar a un acordo. Nas bodegas non vexo cerrazón. Nalgúns temas poderase aunar posturas e noutros non. Non pasa nada se non se logra en tódolos temas, mais se hai vontade é máis fácil obtelo. O que non pode ser é que cedan case sempre os mesmos para ter paz. Por outra banda, non somos só dúas partes, houbo dous grupos porque nunhas eleccións as veces hai que xuntarse, como tampouco hai dúas sensibilidades. O bonito é que distintas visións se poñan de acordo. Nesta Denominación non hai tanta dicotomía entre viticultores e adegas. A maioría das bodegas, salvo dúas, teñen viña propia. A maior superficie en man dun propietario é dun adegueiro. Non existe esa dicotomía de dicir que interesan os precios baixos para comprar a uva barata. Ás adegas interésalles que se manteñan altos para facer unha valoración propia cando salga a uva do viñedo. Na maior parte das ocasións, adegas e viticultores case van da man porque teñen intereses comúns.

Que obxectivos se marcou? 

Son os de sempre: que se coñeza máis a Denominación como marca, que  o viño que elabora se venda a un precio razoable e rendible, e tamén que as uvas se paguen a un bo prezo. A diferencia é que cada un ten unha visión distinta de como conseguilo. As veces é complicado. Non somos unha Denominación grande e tampouco temos recursos ilimitados como para dicir fago unha cousa ou outra. Hai que aproveitar os recursos ao máximo para ter unha capacidade inversora en promoción.

A acreditación ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) é outro obxectivo?

É un dos obxectivos. A tramitación está parada neste momento. Cando deixei o Consello foi un dos motivos da miña dimisión, pois non veía o xeito de que puidese saír adiant coas desavenencias que tiñamos. Caducou o ciclo de auditorías e houbo que renovar á solicitude da acreditación. Virán o ano que ven a empezar outra vez, facer unha auditoría inicial e revisar o manual de calidade.

O auxe do godello está favorecendo a chegada de adegas de outras Denominacións. É bo que suceda? 

O caso das adegas que fan inversión, compran viñedo, se instalan aquí e creen no proxecto de Valdeorras é estupendo para o sector. Teñen prestixio e capacidade comercializadora. Aos viticultores lles veñen de perlas porque hai unha demanda do produto que provoca un aumento do precio. O resto das adegas pode velas, nun principio, como unha competencia, mais se realmente son de prestixio e capacidade comercializadora, poden levar a marca a máis sitios. Estamos nun momento no que non hai suficiente producción de godello para chegar a tódolos sitios. Interésanos crecer na producción de godello, mais non exponencialmente, hai que poñer límites e crecer según demanda o mercado. As veces dicimos que queremos ser coñecidos, agora que só temos tres millóns de botellas. Ó ter tan poucas tampouco eres tan coñecido, non provocas a demanda. Hai que buscar o termo medio.

Como se presenta a vendima? Cando empeza? 

Ao mellor, algunha adega empeza a próxima semana. Preséntase complicada, tanto é así que ao mellor non é unha vendima, pois poden ser dúas ou tres. As viñas que non xearon seguramente estarán para vendimar a final de mes; as que xearon e volveron a brotar veñen con dúas semanas de retraso. As cantidades non van a ser grandes. Facer unha previsión é difícil pois te podes equivocar se ven a chuvia como o ano pasado.

Te puede interesar