INSTALACIONES

Manzaneda fai obras de mellora na residencia da terceira idade

A inversión será de 150.000 euros

O Concello de Manzaneda investirá 150.000 euros en obras de mellora na residencia da terceira idade. O proxecto foi aprobado polo goberno municipal, que preside o nacionalista Félix Domínguez Cortiñas.

A finalidade destas obras é mellorar o confort térmico e enerxético da residencia, que é de titularidade municipal. Os traballos consistirán na substitución da caldeira de gasóleo e a instalación de tres caldeiras de biomasa de 56 kw, instaladas en cascada, así como o sistema de renovación e extracción de aire eficiente. Así mesmo, procederase á retirada das caldeiras existentes e construirase unha nova edificación para ubicar nela a sala de máquinas e o silo de pellets.

O presupuesto estimado para o desenvolvemento deste proxecto ascende a 149.914 euros, dos que o noventa por cento será subvencionado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea, con fondos Leader. A maiores da aportación do GDR, o Concellode Manzaneda deberá aportar outros 15.000 euros para completar o investimento.

Segundo pon de manifesto o Concello, con esta obra lograrase "reducir o custo de combustible da residencia en máis dun 60% no funcionamento da mesma, aparte dos beneficios ecolóxicos ó aproveitar recursos máis sostibles cunha menor emisión de CO2".

Te puede interesar