ENTREVISTA

Melissa Macía: "Tentarei facer un plan de creación de emprego"

Melisa Macía acaba de tomar posesión da alcaldía de Vilariño de Conso

Cal é a súa valoración dos 34 anos de Ventura Sierra na Alcaldía?
A xestión de Ventura Sierra foi positiva para o Concello. Creo que fixo moitas cousas, tanto para os veciños como para o desenvolvemento de Vilariño de Conso durante prácticamente toda a súa vida.

Cales son os seus obxectivos inmediatos?
Tentarei facer un plan de emprego para  crear postos de traballo no Concello e, deste xeito, atraer xóvenes para intentar que se instalen na zona. Realmente, a ceración de emprego vai unida á atracción de xente. Unha fórmula sería a creación de axudas a traballadores autónomos ou a empresas que vexan ben instalarse aquí. En resumen, fomentar o emprego.

En que situación se atopa o Concello? Que problemas ten?
A situación do Concello é a de sempre. Non hai un cambio radical respecto a outros anos. Imos a menos porque a poboación é maior e, lóxicamente, os xóvenes, ao non ter traballo, van marchando, desgraciadamente.

Farán algo polo parque natural?
Teremos que empezar a explotar o parque natural do Invernadoiro. Empezar a negociar coa Xunta, pois lles pertence a eles. Establecer algunha colaboración.

Abrirán o xeriátrico e o albergue?
Falta o empuxón final. Esperemos que nestes dous anos poida facerse. Son moi importantes, crearán moitos empregos.n

Te puede interesar