A mellora da carretera OU-533 en Viana custará 763.000 euros

O prazo de execución das obras establécese en catro meses e as empresas interesadas nas mesmas poden presentar a súas ofertas ata o día 24 de xaneiro

As obras rehabilitación da estrada OU-533, ao seu paso polo concello de Viana do Bolo,  terán un curso de 763.000 euros. Ese é o investimento previsto pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que onte publicaba no Diario Oficial de Galicia a licitación do proyecto, que ten como obxectivo reforzar o firme desta estrada ao seu paso polo Concello vianés.

O prazo de execución das obras establécese en catro meses e as empresas interesadas nas mesmas poden presentar a súas ofertas ata o día 24 de xaneiro. Segundo sinala a Consellería, estas obras teñen como obxectivo rehabilitar o firme deteriorado mediante o fresado e reposición sobre o existente, mellora da drenaxe e repintado da sinalización horizontal afectada nos treitos de reposición do firme e a instalación de captafaros. A intervención completarase coa limpeza e reperfilado das cunetas.

A intervención desenvolverase na devandita estrada, que enlaza A Rúa con A Gudiña, ao seu paso polo Concello de Viana, nun treito de  case que 21 kilómetros, comprendido entre os núcleos de poboación de Bouzas e Mourisco. Esta actuación, segundo indica a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, súmase a outras realizadas ao longo do ano 2016, dirixidas tamén a mellorar o firme deste vial, que ten unha lonxitude de 50 kilómetros,  e que supuxeron un investimento de 600.000 euros.

Este investimento forma parte do Plan de Reforzos de firme acometido por este departamento da Xunta de cara a conservar a rede viaria autonómica.

Te puede interesar