teatro

México e Estados Unidos levan a súa creatividade a Valdeorras

IMG_20180810_110836_result
photo_camera O grupo Jalil Gibrán da localidade mexicana de Puebla, tras recibir un agasallo dos veciños.

O Barco, A Rúa, Petín, Vilamartín e Córgomo convertíronse en capitais do mellor do teatro internacional do panorama actual

Os "I Encontros Internacionais de Teatro Paco González" de Valdeorras chegan hoxe ao seu fin, despois de cinco días de intensa actividade en diferentes concellos da comarca. Así, O Barco, A Rúa, Petín, Vilamartín e Córgomo convertíronse en capitais do mellor do teatro internacional do panorama actual. Catro compañías mexicanas, unha estadounidense e unha catalana conformaron a oferta cultural da que disfrutaro numerosos veciños e visitantes. Un dos grupos participantes, Jalil Gibrán de Puebla, en México, recibiu unha calurosa benvida en Córgomo, onde o "Irmán Maior" do proxecto, Anxo Baranga, agradeceulles o seu espectáculo sobre o poeta Florencio Delgado Gurriarán, nado na propia vila en 1903. 

Te puede interesar