POLíTICA NA PROVINCIA

Novos candidatos do PP para Trives e Manzaneda

Jesús Vázquez e Manuel Baltar (centro) rodeado dos candidatos populares de Pobra de Trives
photo_camera Jesús Vázquez e Manuel Baltar (centro) rodeado dos candidatos populares de Pobra de Trives

Baltar lembrou que a 210 días das eleccións "somos a única foza política que ten actividade

Os populares da zona de Pobra de Trives reuníronse onte nos salóns do Hostal La Viúda para dar a coñecer públicamente os nomes dos candidatos ás alcaldías para as vindeiras eleccións municipais. O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, subliñou que "a 210 días das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, somos a única forza política que ten actividade constante e con equipos perfectamente preparados para asumir as riendas dos 92 municipios da provincia".

Jesús Prieto e Salvador Fernández estrénanse na carreira política para facerse coas alcadías de A Pobra de Trives e Manzaneda, respectivamente. Obxectivo que tamén tratará de acadar o actual voceiro de Castro Caldelas, Manuel Lage. Mentras que Manuel Corzo (O Bolo), Francisco Rodríguez (Chandrexa de Queixa), Joaquín Bautista Prieto (Larouco), Antonio Rodríguez (Montederramo), Gerardo Rodríguez (San Xoán de Río), Miguel Antonio Cid (A Teixeira), Andrés Montesinos (Viana do Bolo), Ventura Sierra (Vilariño de Conso) tratarán de manter a presidencia dos seus respectivos concellos.



Cuarta presentación

O acto contou coa presencia do membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad, e do secretario xeral dos populares na provincia, Rosendo Fernández, que lembrou que a de Pobra de Trives é a cuarta presentación de candidatos tralo anuncio dos cabezas de lista das comarcas do Carballiño, O Ribeiro e A Limia.

Os populares aproveitaron a xuntanza para facer unha sentida lembranza a Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal e presidente local do PP en Trives, falecido o pasado 1 de setembro.

Te puede interesar