MUNICIPAIS / OURENSE

O PP márcase en A Rúa a meta da maioría absoluta

Manuel Baltar presidiu a presentacion da candidatura aos comicios de maio 

O candidato á reelección para a alcaldía de A Rúa polo PP, Avelino García Ferradal, asegurou onte, dna presentación da candidatura 'popular' para os comicios do 24-M, que "e importante acadar a maioría absolulta nos comicios para que o Concello continúe avanzando". O acto tivo lugar no Centro Cultural Avenida da rúa e ó mesmo asistiron máis de 200 personas.

A primeira tenente de alcalde e número 2 da candidatura, María Teresa Varela, destacou entre os logros acadados na lexislatura que a pesar da crise, a débeda do Concello reducíuse un 20% e o paro descendeu por debaixo do 7%, "unha cifra moi inferior á que nos atopamos hai catro anos".

Pola súa banda, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, destacou na súa aintervención que "para que o vindeiro mes de maio gañe A Rúa, as eleccións debe gañalas o Partido Popular e os veciños tedes que darlle a maioría absoluta a este equipoo se queredes que o voso pobo siga crecendo".

Por outra parte, a agrupación ruesa do PP tivo que retirar todos os carteis de campaña electorais anteriores que tiña na súa sede, nos que pedía o voto, tras unha denuncia ante a xunta electoral que fixo el BNG, ao considerar que vulneraban a normativa electoral.

Te puede interesar