gastronomía

Presentación da cantiga “Pulpeiriña do Arenteiro"

Un cuarteto da Real banda de gaitas e o orfeón do carballiño interpretarán o sábado o himno 
da festa do pulpo

A cantiga “Pulpeiriña do Arenteiro”, considerada como o himno da Festa do Pulpo do Carballiño, estrearase o próximo 17 de xuño, nun acto que terá lugar ás 12,00 horas, na Praza Maior. Neste evento intervirán un cuarteto de gaitas e pandeireta da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e o Orfeón do Carballiño. Será o primeiro acto no que se presente en público esta cantiga composta por Xosé Luis Foxo e Felipe Senén, autores da música e a letra, respectivamente.

A presentación terá unha duración aproximada de 30 minutos e comezará coa interpretación dunha  peza musical a cargo do cuarteto da Real Banda de Gaitas. A continuación o Orfeón do Carballiño interpretará tres cancións populares galegas do seu repertorio e, finalmente, todos xuntos interpretarán a cantiga da Pulpeiriña do Arenteiro. 

Ademais, o Concello edita un CD para dar a coñecer esta cantiga e como promoción da LV Festa do Pulpo, que contén outras pezas interpretadas pola Real Banda de Gaitas de Ourense. Este CD inclúe dous libriños con fotografias antigas de pulpeiras e da Festa do Pulpo, asi como un artigo de Felipe Senén sobre “Músicas e cantares no Carballiño”.

Te puede interesar