“O Tribunal de orde pública so deixou a súa sede para ir a Valencia e vir a Castrelo de Miño"

dsc04972ss
photo_camera Francisco Xavier Redonde Abal.

O licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela, da que é bibliotecario, Francisco Xavier Redondo Abal, presentou este luns no Consistorio de Viana o seu traballo máis recente: "Arelas de liberdade na Galiza. Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL 1961-1976)".

O licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela, da que é bibliotecario, Francisco Xavier Redondo Abal, presentou este luns no Consistorio de Viana o seu traballo máis recente: "Arelas de liberdade na Galiza. Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL 1961-1976)".

Fálenos do Tribunal de Orde Pública. Onde tiña a sede?

Estaba en Madrid. Na actual sede do Tribunal Supremo de España. Levaba os casos de todo o país. Toda España era xulgada alí. Só houbo dous, un en Valencia e outro en Castrelo de Miño, nos que o TOP desprazouse fóra de Madrid.

Por que veu a Castrelo?

Foi no ano 1965; a causa do problema xurdido en torno a unhas fincas para o encoro que ía inundar o pobo. En Valencia tamén houbo unha macrocausa, na que xulgaron a preto de 40 militantes do clandestino Partido Comunista.

Cando deixou de funcionar?

O TOP empezou a traballar en marzo de 1964, cunha lei que é de decembro de 1963, e rematou en xaneiro de 1977, cun decreto lei que o anulaba.

Cales eran os seus obxectivos?

Persecución e condea de todo aquel que atacara as bases do Estado franquista e todo o que atacara a lexitimidade dese Estado. Baseábase nun Código Penal de 1959, que foi remodelado e incluíu delictos como asociación ilícita, propaganda ilegal, desordes públicos, atentado contra a autoridade ou reunión ilegal, que era unha simple asemblea, entre outros.

Foi xulgada moita xente da provincia?

Da provincia de Ourense, son un cento de persoas as procesadas. En total, estamos falando de 448 persoas. Case 200 foron de A Coruña, case 100 de Pontevedra, case 100 de Ourense e uns 70 de Lugo. Foi duramente castigado o litoral atlántico galego, pois concentraba á crase traballadora e logo os estudantes, en Santiago de Compostela.

Levou moito traballo escribir o libro?

Os sumarios son complicados de ver. Puiden acceder ás sentenzas. Están editadas e publicadas. A través das sentenzas fixen este traballo. Levoume uns dous anos.

Te puede interesar