CULTURA

Trives despide hoxe o ciclo de visitas guiadas do mes de agosto

Con esta proposta, o Concello da por finalizado dous meses de intensa actividade cultural,

Trives despide hoxe o ciclo de visitas guiadas do mes de agosto

Despois dun intenso mes de agosto, o Concello de A Pobra de Trives despide o mes de agosto coa súa última visita guiada de "Paseos por Trives, persoas e personaxes", dentro da programación cultural e lúdica do verán. A andaina, que sairá ás 11,30 horas dende a Oficina de Turismo (edificio Santa Leonor), percorrerá moitas das rúas da localidade, onde os participantes poderán, ademais de coñecer o seu patrimonio histórico, descubrir os personaxes máis destacados da vila. Unha actividade moi interesante tanto para maiores coma para os máis pequenos de Trives, e que permitirá aos veciños achegarse dun xeito diferente aos saberes propios do lugar e das súas xentes. 

Con esta proposta, o Concello da por finalizado dous meses de intensa actividade cultural, onde houbo oco para a gastronomía, para a música, para as andainas familiares e para as visitas polos puntos máis interesantes da comarca.