A Veiga concede axuda para plantar ou recuperar soutos

20171025201120305_result
photo_camera Plantación de castiñeiros na comarca de Valdeorras.

A medida forma parte dun programa destinado á conservación e mellora de terrenos forestais

O Concello de A Veiga puxo en marcha un programa que ten como finalidade a recuperación de soutos abandonados ou a plantación doutros novos. Esta iniciativa forma parte dun proxecto máis amplo que persigue a conservación e mellora dos terreos forestais. Con este obxectivo, aprobou as bases reguladoras do Programa para Reactivación da Economía Rural denominado "Poulas", que contará cun orzamento de 6.000 euros.

Dentro das medidas adoptadas figura  que o Concello outorgará subvencións en especie de ata o 70% destinadas á plantación de novos soutos, para o que entregará castiñeiros a todos os propietarios que estean interesados. Os importes da subvencións teñen dúas vertentes: por un lado, ata o 70% para a reforestación de terreos en estado de abandono, terreos improdutivos ou cambios de cultivo de coníferas a frondosas; e por outro, ata o 50% para reforestación noutros casos.

Dentro deste programa entregarase un máximo de 25 árbores por propietario de "castanea sativa" variedade Amarelante ou negral, cos cales se poderán obter un máximo de cinco prantas inoculadas con boletus edulis. As solicitudes deberán presentarse no rexistro do concello de A Veiga, tendo como prazo límite o 30 de novembro de 2017.

O Concello tamén lembra que os propietarios de soutos abandonados poderán ceder a finca para o seu posterior arrendamento á poboacion local. Os propietarios comprométense a manter o souto no programa durante catro anos e a respectar o prezo de renda taxada, que será de 30 euros por catiñeiro e ano durante os dous primeiros anos e 20 euros por castiñeiro e ano os dous seguintes.

Pola súa parte, os arrendatarios poderánrecibir unha subvenciónde ata o 100% do custo do arrendamento dos soutos o primeiro ano e ata o 50% durante o segundo, comprometéndose a manter o souto en perfecto estado de desbroce, poda e producción, durante o tempo que dure o mesmo.

Te puede interesar