Infraestruturas

Adxudicadas por máis de 557.000 euros as obras de reforzo do firme na OU-636

A rehabilitación desta estrada, que pasa polos concellos ourensáns Pobra de Trives e Larouco, e polo lugués Quiroga, inclúese no programa Plan de Reforzos de Firme da Xunta. A empresa dispón dun prazo de execución de catro meses

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar por máis de 557.000 euros as obras de reforzo de firme na estrada OU- 636, ao seu paso polos concellos da Pobra de Trives, Larouco e Quiroga. Estas actuacións, que serán executadas pola empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A., dispoñen dun prazo de execución de catro meses e as obras comezarán na segunda quincena de agosto, axilizándose os traballos todo o posible para terminar a mesma en menos tempo.

A intervención consiste na rehabilitación localizada do firme da estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido. Os traballos principais se corresponden coa reparación do firme nos tramos nos que a estrada de titularidade autonómica presenta o desgaste derivado do tráfico que circula por esta vía, mediante o fresado e a reposición da capa de rodadura.


Plan de reforzos de firmes


Coa execución deste tipo de traballos, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

 O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

 

Te puede interesar