LUCHA CONTRA INCENDIOS

A base de Valdeorras contará cun helicóptero dende agosto

photo_camera Ángeles Vázquez, concelleira de Medio Rural, en la presentación del helicóptero.

"Me parece una buena noticia que se dote a la comarca de mayores medidas de seguridad", dixo o alcalde do Barco, Alfredo García (PSOE).

nnn Ángeles Vázquez, a conselleira de Medio Rural, anunciou onte que a base de Valdeorras contará desde agosto cun helicóptero asinado ao servizo contra os incendios forestais. Desde xeito, o centro pasará a ter a categoría de base titular. “Así, reforzamos aínda máis o operativo antiincedios na provincia de Ourense, a máis afectada historicamente polos lumes”, declarou a conselleira durante unha visita á base de Vilamaior, no concello de Verín.

"Me parece una buena noticia que se dote a la comarca de mayores medidas de seguridad", dixo o alcalde do Barco, Alfredo García (PSOE). "La conselleira me informó la semana pasada durante un encuentro en la Fegamp. Y sólo puedo decir que es bueno que contemos con un helicóptero que ayudará a que pequeños incendios puedan controlarse antes de que se conviertan en fuegos grandes y peligrosos".

Nun comunicado de prensa, Medio Rural informou de que a concelleira coñeceu "de primeira man "ao persoal adscrito á base de Vilamaior, ao que agradeceu a súa labor na loita contra o lume, especialmente nos meses de alto risco. “A labor que desenvolven todos os traballadores do operativo é vital, non só á hora de sufocar os lumes, senón na vixilancia e disuasión”, sinalou, e apelou tamén á colaboración da cidadanía á hora de comunicar tanto os lumes, como a presenza de posibles incendiarios a través do número de teléfono gratuíto 085. Tras esta visita, Ángeles Vázquez desprazouse tamén ao concello de Monterrei para ver os terreos afectados polo lume da parroquia de Vilaza. A conselleira falou cos veciños afectados por este lume e solidarizouse con eles. “Hai que lembrar que os incendios poñen en perigo os bens dos veciños en incluso as súas vidas e a do persoal que traballa na extinción”, declarou. 

Te puede interesar