planes y enredos

¡Aínda queda moita troula por diante ata setembro!

fddf

Aquí van cinco opcións para marcar en vermello na axenda e evitar que a final do estío se faga costa arriba.

O mes de agosto estase terminando, pero aínda quedan días por delante para gozar das vacacións ou, no seu defecto, das fines de semana. A provincia, que xa leva demostrado o seu potencial festivo durante os pasados 21 días, gárdase baixo a manga as últimas celebracións do verano. Aquí van cinco opcións para marcar en vermello na axenda e evitar que a final do estío se faga costa arriba. Se setembro chega con forza, que nos atope despois de exprimir ata o último raio de sol. 

FetegaO Carballiño. 05-09-17. Provincia. Xornadas Fetega no Carballiño. Animación de Rúa.Foto: Xesús Fariñas

O festival de teatro en galego do Carballiño regresa este ano coas mellores propostas escénicas do panorama actual. A programación dará comezo este mércores, para rematar na noite do venres coa entrega de premios Dorotea Bárcena. Cada día, sucederanse diversas propostas artísticas para todos os públicos. A compañía Barafunda ocuparase das sesións pola rúa, que animarán aos veciños e visitantes da vila. Na quenda vespertina, o anfiteatro convertirase no epicentro da actividade, e pola noite, o Auditorio Municipal acollerá os espectáculos teatrais.

A IstoriaOURENSE. 26.08.2017 RIBADAVIA, FESTA DA ISTORIA 2017. FOTO: MIGUEL ANGEL

Ribadavia acollerá este sábado 25 a miles de persoas dispostas a dar marcha atrás na máquina do tempo e vestirse as súas mellores galas medievais. Os euros deixarán de ter valor e os marabedíes serán a moeda de cambio. Música, espectáculos, vodas, batallas entre cabaleiros,... A xornada está chea de actividades e, para os que queiran quedarse a durmir na vila, pódeno facer se acampan ao carón do río.

Vivir Vilamarín21034466_702536396612071_1872108348682944538_n_result

Esta pequena localidade festexa na parroquia de Orbán a súa propia romaría este sábado, e propón unha variada programación para todos os gustos. Música, poesía, obradoiros de danza tradicional ou visionados audiovisuais son algunhas das opcións que se sucederán ao longo da xornada. Unha festividade na que tamén hai oco para os máis cativos. 

Vendima de Leiro

Como todo ourensán sabe, cando chega o mes de setembro é época de facerlle unha visita ás viñas e facer a vendima. Leiro recupera a versión máis tradicional, a que facían os nosos antepasados e na que participaba toda a familia, dende pequenos a maiores. A cita terá lugar o domingo 26, e tanto locais como visitantes están convidados a descubrir o proceso artesanal. 

ArteficialRibadavia. 03-09-16. Provincia. Arteficial en Ribadavia.Foto: Xesús Fariñas

O sábado 1 do próximo mes, Ribadavia acollerá esta romaría musical que xa ten un oco na programación cultural veraniega da comunidade. Nos concertos participarán artistas como Guau, Oh! Ayatollah, Sara Fontán e Esteban&Manuel, entre moitos outros. Ademais, haberá actividades e mercado das sementes durante todo o día. 

Te puede interesar