LAS VACACIONES DE ...

A Cádiz da man do rostro televisivo máis viaxeiro

rodrigo
photo_camera Rodrigo Vázquez nunha das súas viaxes á Cadiz.

O presentador do programa "Ti verás" encontrou en Andalucía o seu lugar de descanso estival

Con tres nominacións consecutivas ao Mestre Mateo como mellor comunicador, Rodrigo Vázquez (Ourense, 1987) consolidouse como un dos xornalistas referentes do panorama galego. Dende que aterrizara no 2008 na canle autonómica, a súa traxectoria converteuse nun auténtico frenesí. 

De Aquí Galicia a Verbenalia, pasando por Oh Happy Day entre outros destinos, a traxectoria profesional deste ourensán levouno a percorrer toda a xeografía galega. 

Rodrigo, que actualmente conduce o concurso de sobremesa Ti verás e que foi o encargado de retransmitir dende a praza do Obradoiro a chegada do 2018, recoñece que "sempre é bo ter un recuncho no que poder desconectar. O meu atopeino na costa de Cádiz". Recoñece o xornalista que se trata dun destino que "engancha moito e que malia estar a 1.000 kilómetros de distancia faime sentir como na casa". Destaca Vázquez o "bo feeling" que sinte coa cidade gaditana, ben "polas súas praias, ben pola súa gastronomía e, como non, pola súa xente." 

Para o ourensán pensar en Cádiz é viaxar "ás postas de sol no cabo de Trafalgar, volver aos concertos no Palmar ou á praia de Bolonia. Cadiz é a tranquilidade dos Caños de Meca, as calas de Roche e o encanto de Vejer de la Frontera".

Te puede interesar