FESTIVIDADE

Carballiño retorna hoxe ao Medievo na feira da Liorta

O voo das aves rapaces levará a espectacularidade a unha cita festiva que xa engalana á vila

 A Feira medieval “A Liorta” comeza hoxe no Carballiño coa apertura dos postos do mercado, do rincón infantil, da mostra de aves de voo e diversos espectáculos de rúa. A feira desenvolverase durante toda a fin de semana ata a noite do domingo, entre a Praza Emilia Pardo Bazán e a Praza da Veracruz, e ofrecerá espectáculos de animación musical, de circo, de lume, exhibición de aves de voo, combates e representacións teatrais, que se sucederán dende a mañá á noite, cada 20 minutos aproximadamente, na rúa do Paseo, Praza Maior e Praza da Veracruz. Tanto as rúas como os locais de hostalería contarán cunha ornamentación de estilo medieval, con bandeiras e estandartes, así como outro tipo de elementos que retrotraerán á vila á Idade Media.

O programa para hoxe contempla a apertura da feira medieval ás 18,00 horas, cos talleres de oficios, o mercado, o espazo para nenos e diversas exposicións. 

Ás 19,00 horas comezarán os espectáculos, cos pasarrúas Los Gascones, o Xigante malabarista e as Circadas. A exhibición de voo das aves rapaces está prevista para as 20,30 horas, na Praza da Veracruz, para continuar a festa con más actuacións musicais nas rúas, o pasarrúas da Morte e o espectáculo Na oscuridade de Circocido pola rúa Curros Enríquez.Para as 23,00 horas está prevista unha actuación no que o lume é o protagonista con Cano Canyon, na Praza Maior.

Te puede interesar