VERANO

Castrelo acolleu a despedida do seu "enofestival"

<p></p>
photo_camera O festival tivo o mellor dos escenarios posibles.

Os asistentes degustaron viño de 24 adegas e colleiteiros e escoitaron a música de sete grupos nunha nova edición do "RibeiroBlues WineFestival" 

Con ganas de voltar o vindeiro ano. Así quedou o público que acudiu durante os dous días de duración do "RibeiroBlues Wine Festival", que na noite de onte se clausuraba en Castrelo de Miño. Un evento no que se combina a audición de concertos coa degustacion de viños da Denominación de Orixe Ribeiro.

Deste xeito, un total de 24 adegas e colleiteiros participaron nesta cuarta edición, organizada polo Concello de Castrelo, o Consello Regulador do Ribeiro e a Deputación provincial, e que contou tamén coa instalación de ata sete casetas onde poder disfrutar da variada gastronomía galega.

O acceso ó recinto do Clube Náutico era de balde, pero co obxectivo de poñer en valor o produto, os asistentes tiñan a posibilidade de adquirir un ticket por un custe de 10 euros para degustar os diferentes viños. A parte musical correu onte a cargo das formacións Spanish Castle Magic, Los Fabulosos Weekend e Shirley Davis and The Silverbacks, mentres o programa do venres incluiu as actuacións de Greenwater, Fatzilla e The Soul Jacket, sempre con Peón Kurtz DJ Set como enlace nas dúas xornadas.

Foi un festival xa consolidado que supuxo a posta en marcha dunha idea innovadora para promocionar un dos sectores económicos estratéxicos, o vitivinícola, tomando O Ribeiro como referente.n

Te puede interesar