VERANO

A codorniz, prato estrela en Cortiñas

CORTIÑAS. 14/08/2018 Celebracion Festa da Codorniz Foto: Miguel Angel
photo_camera O menú tamén incluía viños do Ribeiro.

Os visitantes terán a oportunidade de probar o manxará brasa ou como ingrediente da empanada no campo do parque náutico

Castrelo de Miño xa celebrou hai poucos días a súa festa adicada a un dos manxares propios do río, a anguía, na localidad de Barral. E, dende onte, tamén rende homenaxe gastronómica a outro animal que pouco ten que ver coa contorna fluvial. Trátase da codorniz ou paspallás, e a quenda corresponde ó núcleo de Cortiñas,ubicado tamén ó carón da capitalidade municipal.

Así é que dende as oito da tarde de onte, os veciños de Cortiñas acenderon os braseiros para preparar as exquisitas aves, tanto de xeito individual como en empanada, que os primeiros asistentes á 16ª edición da Festa da Codorniz tiveron a oportunidade de degustar. Unha cita que se repetirá tanto hoxe, día 15, como mañá, 16 de agosto, na explanada do Parque Náutico de Castrelo, dende as 20,00 horas. Pero tamén haberá tempo para divertirse botando un baile. Se a charanga Sorcha foi a encargada da animación na primeira xornada do festexo, hoxe será a Filatrónika do Dr. Anchoa, do Carballiño, a responsable de acompañar á procesión da Virxe da Asunción e do San Roque, ás 12,30 horas, mentres que a verbena estará amenizada polo Dúo Sabrosito.

Para mañá está previsto un pasarrúas de alborada da charanga Sorcha, que ás 12,00 participará na comitiva da procesión do patrón San Roque en catamarán polo encoro do río Miño, que irá seguida dunha misa solemne no Parque Náutico, e unha homenaxe a un dos veteranos promotores da festa. A derradeira verbena correrá a cargo da orquestra Alcázar, na despedida da doble celebración, gastronómica e relixiosa, nesta localidade ribierá de Cortiñas.

Te puede interesar