VERANO

Convite á xarrete na cea das festas de Macendo

MACENDO. 14/08/2018 Festa do Xarrete. Foto: Miguel Angel
photo_camera Pequenos e maiores participaron na xornada.

Veciños e visitantes degustaron un menú de tenreira cocida e asada 

O campo da festa da parroquia de Macendo, no municipio de Castrelo de Miño, acolleu na noite de onte a tradicional Cea do Xarrete, incluída dentro da programación dos festexos na honra do San Roque e da Virxe da Asunción. 

Os comensais, previo pago dunha tarxeta de inscripción de 12 euros que estivo á venda nos bares da localidade, tiveron a oportunidade de degustar o xarrete, unha das partes máis sabrosas da tenreira, nas dúas alternativas de preparación (cocida ou asada), acompañada de pan e viños da Denominación de Orixe Ribeiro, postres, café e licores. Tras un pequeno descanso para facer a dixestión, a comisión organizadora tiña preparado un animado baile para os presentes a cargo da orquestra Venecia. 

Pero esta celebración gastronómica tan só marca o punto de arranque doutras dúas xornadas festeiras. Así, para o mediodía de hoxe está prevista na igrexa de Macendo unha misa solemne, que será acompañada polos sons da charanga Os Caliqueños, mentres que pola noite haberá unha gran verbena coa orquestra Oca Band e o grupo Bluestar. 

O programa terá o seu remate mañá, xoves, co oficio dunha misa, tamén ó mediodía, coa animación de Os Caliqueños, mentres as orquestra Galilea e o grupo Iris serán os encargados, dende última hora da noite, de despedir este ano as festas patronais de Macendo.

Te puede interesar