VERANO

Cor e diversión para os pequenos xornalistas

OIRA 31/08/2018.- Taller de prensa en el Aula da Natureza. José Paz
photo_camera A aula convertiuse nunha redacción improvisada.

O Xornal de Verán organizou unha xornada de manualidades en Oira

A aula da Natureza de Oira acolleu durante a mañá de onte a actividade do Xornal de Verán, a proposta estival do suplemento Xornal Escolar. 
A partir das 10,30 horas, o espazo converteuse nunha divertida redacción onde os rapaces e rapazas escolleron os contidos máis relevantes que levaría o seu propio diario. Con eles se atopaba Conchi, quen guiou a proposta e axudou aos máis despistados a realizar a súa propia e orixinal creación xornalística. 

A dinámica de traballo foi moi divertida, xa que ao momento de comezar todos os presentes se puxeron a ler os xornais e a comentar as súas novas favoritas. Unha vez escollidas, formáronse varios grupos entre os mozos para recortar, pegar e comentar cada un dos artigos seleccionados. A continuación, chegou o momento máis creativo: o de darlle novos titulares e decorar o resto das oito páxinas. As caixas de colores quedaronse pequenas, xa que todos querían que a súa fose a publicación máis alegre e bonita de todas. 

Moitos dos rapaces levaron as súas  casas o traballo sen finalizar para darlle os últimos retoques e así entrar no concurso de dúas viaxes a Disneyland París con pensión completa. Todos os que aínda queiran participar, poden consultar as bases na dirección concursos.laregion.es . 
O prazo de entrega abrirase o próximo día 10 de setembro, e manterase ata o día 30.n
 

Te puede interesar