FESTIVIDADE

O Festival Holi Pulpo atraerá a 1.000 persoas

uploaded_holi_result
photo_camera Uriel Bernárdez e Diego Fernández, na presentación de Holi Pulpo.

O Festival Holi Pulpo reunirá no Carballiño a máis de mil persoas procedentes dos máis diversos lugares de Galicia e incluso de Portugal

O Festival Holi Pulpo reunirá no Carballiño a máis de mil persoas procedentes dos máis diversos lugares de Galicia e incluso de Portugal. O evento, que se celebrará o sábado 29 de xullo, foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o promotor de iniciativas culturais e deportivas Uriel Bernárdez.

A festa do Holi Pulpo comezará cunha carreira non competitiva ás 17,30 horas, na Praza Maior, para facer un percorrido pola rotonda da Alameda, Praza de Abastos e Parque Municipal. Faranse varias paradas co fin de colorear aos participantes cos polvos feitos de fariña de arroz, 100% ecolóxicos, segundo apuntou Uriel Bernández. O festival musical comezará ás 18,30 horas, na pista de baile do Parque municipal, coas actuacións de DJ De Melo, The Prieto Brothers, Big Browsers e Paula Docampo. O remate será sobre as 22,00 horas.

O prezo da entrada é de 10 euros, e con ela entregarase unha mochila, unha camiseta, unha botella de auga, unha pulseira e unha bolsa con 100 gramos de pintura en polvo Holi. As entradas poden adquirirse en Aparthotel Arenteiro, a cafetería Loft 27, nas Piscinas e en Ourense e vilas da provincia. 

Te puede interesar