Lendas e intriga, a oferta desta noite en Barbadás

"Sicixia" ofrece vistas únicas da beleza da Costa da Morte, ao mesmo tempo que invita ao espectador a unha viaxe máxica

Prosiguen as actividades culturais do ciclo "E no verán?... Refréscate coa cultura", organizadas polo Concello de Barbadás. 

A cita de hoxe terá lugar no parque da Solaina de A Valenzá ás 22,00 horas, e a proposta é o visionado da película "Sicixia", do director ourensán Ignacio Vilar. O filme ten como fío argumental a historia de Xiao, un enxeñeiro de son que vai a gravar á Costa da Morte. Alí atópase con Olalla, unha moza que lle axudará como guía da zona, e que lle ensinará lugares descoñecidos para a maioría da xente. Finisterrae é o espazo onde se desenvolve a narración, que se volve misteriosa a medida que avanza o tempo. A carga das lendas do lugar, ademais da maxia que esconde, farán que as vidas de Xiao e Olalla troquen para sempre. 

O ciclo cultural de Barbadás péchase o próximo xoves, coa actuación do grupo Teatro experimental de Barbadás, quen representará a súa obra "A farsa de Inés Pereira" para despedir o verán a todos os veciños.

Te puede interesar