MÚSICA

Manu Tenorio, prato forte das festas de Ribadavia

O concerto será gratuíto e comezará as 23,30 hroas na Alameda da vila

Un pasarrrúas da banda de música La Lira abrirá o vindeiro 8 de setembro as festas na honra da Virxe do Portal de Ribadavia, que se desenvolverán ata o domingo día 10. Na xornada central dos festexos celebrarase, ás 10,30 horas, a tradicional procesión, seguida dunha misa cantada pola coro de cámara do Club Artístico. Pola noite, o cantante Manu Tenorio ofrecerá un concerto gratuíto dende as 23,30 horas na Alameda da vila. A coral Ecos do Avia será a encargada de cantar, ás 18,30 horas do sábado, a misa previa á recollida da Virxe cara a súa capela, que será acompañada pola banda de música de Valga. Para as 23,00 horas está prevista a actuación do grupo Efecto Pasillo no patio do IES O Ribeiro, con entradas á venda a cinco euros. Na xornada dominical organízase ó mediodía a III Xuntanza de Motos Clásicas, e, ás 20,00 horas, no auditorio do Castelo, a XVII Xuntanza de Bandas, que reunirá La Lira coas agrupacións musicais Sons e Soños de Rábade e Antas de Ulla, respectivamente.

Te puede interesar