ENTREVISTA

"A MIT é especial, é única, é o xerme do teatro galego"

20170722214155155_result
photo_camera La concejala de Cultura, María Touza, Roi Vidal y el director de la MIT, Roberto Pascual.

Roi Vidal Ponte recibiu o Premio Abrente pola obra "Poesía", na Mostra Internacional de Teatro 

Roi Vidal Ponte é o gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais que impulsa a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, pola súa obra "Poesía".Nado en Santiago, no 1982, é licenciado en Filoloxía Galega e en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Que supón para vostede este premio?
É un premio moi especial e importante porque meus pais Roberto Vidal Bolaño e LauraPonte foron pioneiros do teatro galego, meu pai xa gañou o primeiro Premio Abrente en 1976, e por iso ten un gran valor sentimental.

De que trata "Poesía?
Trata o tema sexual, a relación humana máis intensa e máis íntima, e abordase con bastante humor pero tamén dunha maneira moi intensa. Vexoa como a exaltación do amor, non só da parexa senón dos seres humanos e tamén é unha obra de amor ao teatro. Está dividida en dúas partes, unha de dialogo e outra de acción dos personaxes para que a peza sexa inspiradora para o director, que teña material para construir a obra con versións orixinais e diversas.

Fan falta máis festivais coma a Mostra de Ribadavia?
A MIT é especial, é única porque recupera a tradición do teatro dos anos 70, que é o xerme do teatro galego, e penso que ningunha se vai achegar á MIT, porque ten que ver co que representa Ribadavia para o teatro galego. Eu considérome fillo de Ribadavia porque meus pais empezaron a facer teatro ao redor de Ribadavia, toda esa xeración son os pais do teatro galego.

Está nun bo momento o teatro galego?
A nivel da escrita dramática está viviendo un momento paradóxico. Hai moita xente que escribe moi ben, hai moitísimas mulleres, pero a paradoxa é que hai moitas dificultades para publicar e levalo a escena. Por iso creamos a Asociación Dramaturga, para loitar para que os textos se publiquen.
Se non se publican será porque non se len. Non cre?
Non se len por falta de tradición porque no ensino non se le. A poesía non é un xénero fácil pero publícase e lese na escola.

Que aspiracións ten?
Chegar a vivir do teatro, e iso é moi difícil. Ter unha actividade regular, que as compañías representen os meus textos e dirixir obras que me interesen, e vivir dignamente gracias ao teatro. 

Te puede interesar