teatro

A MIT rexistra no seu ecuador preto dos 7.000 espectadores

Teatro MIT Ribadavia
16-7-17
photo_camera Público asistente a unha das representacións ó aire libre na Mostra de Teatro.

O Auditorio Rubén García ten unha ocupación do 90 por cento nas representacións nocturnas

 A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia sobrepasou o seu particular ecuador na noite do pasado mércores, cunha afluencia extraordinaria de público, según os datos manexados pola organización. Así, destácase a asistencia ás sesións nocturnas, cun 90% de ocupación do aforo do auditorio Rubén García, no Castelo dos Sarmiento, cunha media diaria de 600 persoas, o que suporía un total de 3.000 dende a inauguración oficial do festival, o sábado 15 de julio.

A esta cifra, os organizadores engaden o número de espectadores que acuden a presenciar os espectáculos ó aire libre, que se ofrecen diariamente na Praza Maior, ademais da sesión especial que tivo lugar na localidade de Francelos, na periferia da vila. Neste apartado, estímase a cantidade aproximada de outras 4.000 asistentes, resultando un total de 7.000 espectadores nos primeiros cinco días de andaina da MIT, que aínda rematará o vindeiro luns, 24 de xullo. 

"Hai que destacar que esta cifra de 7.000 espectadores xa supera o número de habitantes do municipio, e elo ten unha gran incidencia nos establecementos da vila", comenta Roberto Pascual, director do festival. E lembra que as entradas numeradas para asistir ás representacións no Castelo son de sete euros para o público en xeral, e de cinco euros ás que non son numeradas, con este mesmo prezo para desempregados e estudantes.

Nas funcións asignadas ó auditorio Manuel María da Casa da Cultura, mantéñense os mesmos prezos de sete e cinco euros, e rebáixanse ata os dous euros para nenos e nenas. As persoas interesadas poden acudir á oficina de información da Mostra, situada na Praza Maior, en horario de 10,00 a 14,00 horas, e das 18,00 ás 20,30 horas. As taquillas do auditorio do Castelo ábrense ás nove da noite, dúas horas antes de cada función, tendo en conta que se reserva o 20% das entradas diarias para a súa venda directa.

Te puede interesar