VERANO

Música e "paparota", que máis?

A Asociación de Mulleres Rurais de Monterrei organizou a primeira edición do "Serán na Pousa", da que puideron gozar pequenos e maiores 

 

As festas da Pousa son en decembro e nós queriamos organizar algo durante o verán", explica Sabela Souto, unha das organizadoras da primeira edición do "Serán na Pousa - Non me toques naquela cousa" na Lagoa, a praia fluvial da Pousa de Monterrei, en Verín. 

Souto pertence á Asociación de Mulleres Rurais de Monterrei, liderada pola súa nai, Esther Souto. Entre elas e Lucía Aparicio, outra moza da localidade, tiveron a idea de organizar unha xornada de música, reunión e confraternización cos veciños, un día pensado para "maiores e pequenos".

 A motivación non foi outra que a de poñer en valor a cultura propia e a tradición, así como a posibilidade de compartir "contos e baile" cos demais. "Lucía e eu somos as únicas rapazas do pobo. Cousas como esta festa son moi necesarias para revitalizalo", comenta Souto. Ademais das 20 familias que viven na Pousa durante o ano, onte acercáronse ata a Lagoa ao redor de 200 persoas para gozar dos concertos e da "paparota". "É que si acompañas a música de churrasco... Todo o mundo se anota", sinala. 


Diversión e moita troula


Na xornada de onte houbo diversión para todos. O día comezou cun picnic compartido entre os participantes, seguido de xogos tradicionais e acuáticos para os máis pequenos. A partir das 20,30 horas comezaron os concertos de música tradicional, que acompañaron a cea e continuaron ata ben entrada a madrugada, con foliada aberta. 

Te puede interesar